luns, 1 de abril de 2019

MARÍA CANOSA

Hai uns días visitounos a escritora María Canosa gañadora dun premio Merlín co seu libro Muriel. Os alumnos de 5º e 6º pasaron un momento de lecer coas historias que nos contou María sobre algúns dos seus libros que os nosos nen@s tiveron o pracer de ler.

venres, 1 de febreiro de 2019

DÍA DA PAZ


No mes de xaneiro para celebrar o Día da Paz, estivemos investigando como se din algunhas palabras en diferentes idiomas do mundo (liberdade, xustiza, ledicia, igualdade, tolerancia, respecto, amizade e paz). A cada curso tocoulle unha.






venres, 25 de xaneiro de 2019

LIVING DINOSAURS PONTEVEDRA

Os alumnos de educación infantil visitaron a exposición "Living dinosaurs" na cidade de Pontevedra. Puidemos ver o mamut, dentes de sable, velociraptor, tiranosaurio rex entre outros.  Foi unha magnífica experiencia. Vamos ver algunhas fotos.





                                                         





























venres, 11 de xaneiro de 2019

MERCADILLO SOLIDARIO

Durante o mes de decembro realizamos un mercadillo solidario de libros. O total recaudado foi de 178,85€, que foron donados á Cruz Vermella de Ribeira. Agradecer a todas as familias a súa colaboración.