Educación Física
luns, 22 de decembro de 2025
venres, 19 de decembro de 2025
BO NADAL!!!!
Aquí tedes un pequeno vídeo do último día de clase de decembro. 🎥
Desexámoslles a todos un feliz Nadal e que gocen dunha merecida pausa. 🎄✨
venres, 12 de decembro de 2025
CARTAS DE NADAL CHEAS DE ILUSIÓN
O alumnado do colexio escribiu con moita ilusión as súas cartas de Nadal para enviar ás súas familias. Queremos agradecer a Correos que pasase polo noso cole a recoller todas as cartas, que moi pronto chegarán aos vosos buzóns, cheas de agarimo e bos desexos nestas datas tan especiais.
mércores, 10 de decembro de 2025
xoves, 4 de decembro de 2025
3 DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Esta semana, para conmemorar o Día das Persoas con Discapacidade, o alumnado de 6º de Primaria preparou e realizou contacontos inclusivos para distintas aulas do colexio.
Os nenos e nenas seleccionaron historias que destacan a importancia da diversidade e da empatía, e contáronllas con moita ilusión aos máis pequenos e a outros cursos. Foi unha actividade enriquecedora que nos axudou a reflexionar sobre o respecto, a convivencia e o valor de todas as persoas.
martes, 2 de decembro de 2025
MERCADILLO SOLIDARIO
Como ven sendo habitual por estas datas, na nosa biblioteca poñemos en marcha o Mercadiño Solidario de Libros. Trátase dunha actividade na que unimos lectura e solidariedade, implicando a toda a comunidade educativa na axuda ás familias que máis o precisan.
O funcionamento é moi sinxelo:
➡️ O alumnado e as familias poden traer un paquete ou 1 kg de alimentos non perecedoiros (pasta, arroz, legumes, leite, conservas…).
➡️ Por cada quilo de alimentos, poderán levar un libro do noso mercadiño.