xoves, 20 de xuño de 2013

O MAIO

O maio é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur. Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos, favorecendo a abundancia das colleitas e alonxando o mal.
A data de celebración vai desde abril ata mediados de maio.
Os maios máis tradicionais e característicos, tiñan forma cónica ou piramidal, cunha estructura de varas e vimbios, recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, follas, laranxas, cascas de ovos,...
Era levado polos mozos, collido polas andas, que iban cantando coplas.
Nos pobos mariñeiros, sobre todo nas Rías Baixas, era costume poñer unha ramiña de xesta, o día 1 de maio, nas proas dos barcos, para alonxar as influencias maléficas todo o ano.
Hoxe en día póñense nos coches. Dende fai uns anos estamos recuperando esta tradición no CEIP de Olveira. Saúdos