venres, 18 de outubro de 2013

INAUGARACIÓN DA BIBLIOTECA



CONTACONTOS


VENRES 25 DE OUTUBRO DE 2013

INACIO VILARIÑO



EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE BIBLIOTECA DO CEIP DE OLVEIRA

luns, 30 de setembro de 2013

CARTA LECTURÍN


        
Ola meus amiguiños:
Que tal vos vai no novo curso?
Como xa sabedes este venres 25 de outubro inauguramos a biblioteca e por iso vai vir un contacontos: “Inacio Vilariño”.
Ides atopar a biblioteca un pouco reformada, pero aí non remata, realizaremos cambios durante todo o curso, e para iso necesitamos a axuda de todos!
Acordádesvos do Proxecto Documental Integrado do ano pasado? Eran sobre os insectos, aprenderamos moitas cousas sobre eses marabillosos animais. Pois o Proxecto Documental Integrado (PDI) que imos realizar neste curso é sobre O MAR, como non! Por iso necesitamos que traiades obxectos relacionados con este tema para adornar toooodo o cole e así poder investigar e aprender de todo isto que temos tan cerca.
Espero que gocemos de todas as actividades que iremos facendo e que sexamos os mellores lectores e investigadores da nosa comarca!!!
Seguiremos estando en contacto.

LECTURÍN

xoves, 20 de xuño de 2013

O MAIO

O maio é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur. Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos, favorecendo a abundancia das colleitas e alonxando o mal.
A data de celebración vai desde abril ata mediados de maio.
Os maios máis tradicionais e característicos, tiñan forma cónica ou piramidal, cunha estructura de varas e vimbios, recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, follas, laranxas, cascas de ovos,...
Era levado polos mozos, collido polas andas, que iban cantando coplas.
Nos pobos mariñeiros, sobre todo nas Rías Baixas, era costume poñer unha ramiña de xesta, o día 1 de maio, nas proas dos barcos, para alonxar as influencias maléficas todo o ano.
Hoxe en día póñense nos coches. Dende fai uns anos estamos recuperando esta tradición no CEIP de Olveira. Saúdos