Educación Física
martes, 30 de abril de 2024
luns, 29 de abril de 2024
mércores, 24 de abril de 2024
VISITA DE BLANCA MILLÁN
Hoxe veu polo noso cole Blanca Millán, autora-debuxante do libro "O gran libro dos nosos montes". Grazas Blanca!!!
CERTAME MARCAPÁXINAS DÍA DO LIBRO
Noraboa a Enara (4º de primaria), por ser a gañadora do Certame de Marcapáxinas das Letras Galegas.
O alumnado de 3º e 4º de primaria participou no Certame do Día do Libro, organizado pola biblioteca municipal de Ribeira. Todos os marcapáxinas están expostos na Biblioteca Municipal.
Recollida do premio
Alumnado de 3º e 4º na exposición "A expresión da cor" no Museo Lustres Rivas en Ribeira.
martes, 23 de abril de 2024
DÍA DO LIBRO
Despois de recoller o Premio do Certame do Día do libro na Biblioteca Municipal, fixemos unha visita ao Museo de Lustres Rivas e logo a merendar ao Dolmen de Axeitos!!
E aínda non rematou o día...
Ademais fixemos un intercambio de marcapáxinas polo Día do Libro co alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe Ponte dos Brozos de Arteixo. Escribimos frases motivadoras para animar a lectura,...
venres, 19 de abril de 2024
xoves, 18 de abril de 2024
mércores, 17 de abril de 2024
mércores, 10 de abril de 2024
luns, 8 de abril de 2024
COIDAMOS A NOSA SAÚDE
Con motivo do Día Mundial da Saúde o alumnado de 4º traballou sobre a saúde facendo un cartel cunhas recomendacións para manter unha boa saúde.
xoves, 4 de abril de 2024
AMICOS VOLVE AO COLE!
Hoxe visitáronnos outra vez AMICOS. Moitas gracias por facer estas actividades con nós, @s rapaces/as pasárono moi ben!!
VISITA XORNALISTA DA VOZ DE GALICIA
Co Programa Prensa Escola da Voz de Galicia visitounos un xornalista que traballa neste programa para explicarlles ao alumnado de 5º e 6º de Primaria como é o seu traballo e como se confecciona un xornal, entre outras cousas.
Os nenos/as tiveron que elaborar noticias a partir dunha idea ou título proposto polo xornalista.
Gracias a Jorge por todo o que nos ensinou!