martes, 17 de decembro de 2024

CORREOS RECOLLE AS POSTAIS DO ALUMNADO

Moitas gracias a Correos outro ano máis por pasar polo colexio a recoller as postais feitas polo noso alumnado para as súas familias

martes, 3 de decembro de 2024

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Amicos organizou outro ano máis en Boiro, Festiritititi, festival da inclusión. Parte do alumnado de Olveira participou en xogos, talleres e outras actividades de carácter lúdico e didáctico. Grazas pola invitación.

martes, 12 de novembro de 2024

MAGOSTO 2024

Este luns 11 de novembro, día de San Martiño, celebramos o magosto. Pasamos un día magnífico comendo castañas e participando en diferentes xogos populares e tradicionais.

xoves, 31 de outubro de 2024

mércores, 30 de outubro de 2024

CONTACONTOS POLO SAMAÍN

Agradecer as mamás de Martín B, de José e Mateo e os papás de Icía, Xiana e Sabela que visitaron a biblioteca para contar uns contiños.







luns, 28 de outubro de 2024

CONCERTO AUDITORIO DE GALICIA

O alumnado de 4º, 5º e 6º desprazouse a capital galega para gozar do concerto da Real Filharmónica de Galicia "O grande Beethoven".



DEBUXOS GAÑADORES DO MARCAPÁXINAS

Despois dunha pechada deliberación aquí tedes os dous debuxos gañadores do concurso de marcapáxinas.Bo traballo de tod@s!



martes, 15 de outubro de 2024

ESTAMOS DE VOLTA: SAMAÍN 2024

Achégase o Samaín, a ver con que nos sorprendedes este curso. Esperamos as vosas creacións.

 


venres, 11 de outubro de 2024

CONCURSO MARCAPÁXINAS

Este curso a nosa PDI (Proxecto Documental Integrado) vai estar relacionado coa CIENCIA E TECNOLOXÍA.

Aproxímase o Día da Biblioteca (24 de outubro), e temos un concurso de marcapáxinas en marcha. Ese día repartiremos os novos marcapáxinas co debuxo do gañador.



martes, 18 de xuño de 2024

MUNDOBICHOS

O pasado venres 14 de xuño tivemos a visita de Miguel de "Mundo Bichos", unha experiencia fantástica na que o alumnado puido observar e tocar con total seguridade diferentes especies de invertebrados como tarántulas, bichos pau,...

Desta maneira coñecemos as características e importancia dos artrópodos nos ecosistemas e o manifestamos emocións estando en contacto cos mesmos. Moitas grazas Miguel!


Para ver as fotos preme aquí

xoves, 6 de xuño de 2024

PDI: GALICIA

O alumnado de 5º de primaria traballou sobre diferentes lendas relacionadas coa comarca do Barbanza.

mércores, 5 de xuño de 2024

PROXECTOS EI4: OS BICHOS E VIVENDA

Aquí temos algúns dos proxectos dos que tanto aprenderon  o alumnado de Educación Infantil 4



EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS DE REFUGALLO

Alumnado de 5º e 6º de primaria realizou diferentes instrumentos musicais con material de refugallo. Bo traballo!



5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


 

COLLENDO AS ONDAS: SEGURIDADE NO MAR

Membros da GRIP surf school visitaron onte día 4 de xuño o Ceip de Olveira, explicándolle ao alumnado a importancia da seguridade na práctica dos deportes náuticos, así como o comportamento das ondas e mareas nas nosas praias para evitar accidentes e gozar delas.


 


luns, 3 de xuño de 2024

OBRADOIRO DE RADIO

 Tivemos a sorte de ter con nós a Nando, un gran músido do noso concello. Axudounos a compoñer a sintonía da nosa radio. Queres escoitala? Dentro duns días estará lista. 



xoves, 16 de maio de 2024

INTERCAMBIO EDUCATIVO CON PORTUGAL

O pasado 9 e 10 de maio alumnos do Agrupamento de Escolas de Abaçao, de Guimaraes, visitaron o concello de Ribeira e o CEIP de Olveira, intercambiando experiencias co alumnado de 6º de Primaria.



luns, 13 de maio de 2024

MAIO 2024

Durante os días 8 e 9 de maio o alumnado do cole estivo elaborando o Maio para a súa celebración o venres 10.

 

Para ver fotos PREMER AQUÍ

xoves, 2 de maio de 2024

FRANCISCO CASTRO ESTIVO NO NOSO COLE

 

O alumnado de 5º e 6º tivo a visita de Francisco Castro, coautor xunto con Fina Casalderrey do libro "O neno can", libro de relatos que aborda asuntos relacionados cos dereitos da infancia ou a falta deles en algúns casos. 

Moitas gracias por todo!


mércores, 24 de abril de 2024

VISITA DE BLANCA MILLÁN

Hoxe veu polo noso cole Blanca Millán, autora-debuxante do libro "O gran libro dos nosos montes". Grazas Blanca!!!


VÍDEO DÍA DO LIBRO

CERTAME MARCAPÁXINAS DÍA DO LIBRO

Noraboa a Enara (4º de primaria), por ser a gañadora do Certame de Marcapáxinas das Letras Galegas.

O alumnado de 3º e 4º de primaria participou no Certame do Día do Libro, organizado pola biblioteca municipal de Ribeira. Todos os marcapáxinas están expostos na Biblioteca Municipal.


Recollida do premio

 

Alumnado de 3º e 4º na exposición "A expresión da cor" no Museo Lustres Rivas en Ribeira.




7ª PREGUNTA DO BIBLIOCONCURSO


martes, 23 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO

Despois de recoller o Premio do Certame do Día do libro na Biblioteca Municipal, fixemos unha visita ao Museo de Lustres Rivas e logo a merendar ao Dolmen de Axeitos!!
E aínda non rematou o día...

Ademais fixemos un intercambio de marcapáxinas polo Día do Libro co alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe Ponte dos Brozos de Arteixo. Escribimos frases motivadoras para animar a lectura,...