Educación Física
luns, 9 de marzo de 2015
mércores, 25 de febreiro de 2015

Vai
dar comezo o BIBLIOCONCURSO!
“INVENTOS
E DESCUBRIMENTOS”
Arrancamos
o vindeiro luns 2 de marzo.
BASES
DO CONCURSO:
-Pode
participar quen queira, non é obrigatorio.
-Trátase
dun Concurso de búsqueda de información.
-Hai
que buscar QUEN foi o inventor/a ou descubridor/a de…
-Quen
queira participar ten que vir á biblioteca a buscar unha cartilla
que terá que ir cubrindo de semana a semana.
-Cada
luns colgarase unha foto ou ilustración no panel que hai no
corredor.
-Haberá
unha semana para buscar quen foi o inventor/a ou descubridor/a e
levarase á bibliotecaria antes de que finalice o recreo do luns
seguinte. Esta daralle unha pegatina a quen entregue a resposta
axeitada. Téndose que pegar na cartilla ata conseguir todas as
pegatinas de todos os inventos/descubrimentos.
-Ó
rematar o biblioconcurso quen entregue a cartilla con todas as
pegatinas levará un premio.
-O
Biblio-Concurso dará comezo a primeira semana de marzo.
LECTURÍN
domingo, 15 de febreiro de 2015
luns, 9 de febreiro de 2015

Queremos
informarvos que se vai abrir un Recanto Especial de
Lectura no corredor, que vai conter libros do voso interesse. Podendo
facer uso dela para consultar fondos ou tamén en préstamo. Para
levalos tedes que ter un carnet da biblioteca e levarllo á
bibliotecaria para rexistrar o empréstito e a devolución.
Adxúntase
ao final da folla un pequeno formulario para cubrir o/a ou os/as
reponsables dos nenos e nenas que queiran ter o carnet da biblioteca.
Daránllelos aos nenos e estes pasaranllo aos seus titores. Nuns días
entregaráselle o carnet aos nenos para que volo den.
O
horario da biblioteca é de luns, mércores e xoves de 16.30 a 18.30;
e martes de 16.30 a 17.30.
Queremos
tamén recordarvos que podedes ver no blogue da biblioteca
actividades que imos facendo ó longo do curso
(biblioceipdeolveira.blogspot.com) así como na web do colexio
(ceipdeolveira).
Espero
que gocemos de todas as actividades que iremos facendo e non deixedes
de visitarnos e ver as nosas exposicións.
LECTURÍN
Nome e
apelidos:_______________________________________________________
Familiar
de:___________________________Curso:___________________________
mércores, 4 de febreiro de 2015
sábado, 31 de xaneiro de 2015
martes, 13 de xaneiro de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)