Educación Física
luns, 22 de decembro de 2014
venres, 19 de decembro de 2014
mércores, 17 de decembro de 2014
venres, 21 de novembro de 2014
MAGOSTO 2014
O venres 21 de novembro a comunidade educativa do CEIP de Olveira celebrou a festa do magosto. Os nen@s puideron degustar castañas asadas con chocolate quente acompañados dos mestres e de familiares que se uniron á festa. Para terminar a celebración houbo xogos populares. Pasámolo xenial.
mércores, 19 de novembro de 2014
MÁIS LECTORES SEGUEN AMENIZANDO AS SESIÓNS DE CONTACONTOS
Nesta ocasión tocoulle a quenda a Saray e Pablo, a Jimena e a Yaiza. Parabéns
luns, 10 de novembro de 2014
mércores, 5 de novembro de 2014
SAMAÍN CONTACONTOS
O mércores e o xoves houbo sesión de contacontos tanto de pais como de nenos e nenas que lles quixeron ler un conto terrorífico aos máis pequenos.
martes, 14 de outubro de 2014
COMEZAMOS COS CONTACONTOS!!!
Nerea e Icíar son as primeiriñas. Dúas nenas de 2º que lles contaron un contiño aos nenos e nenas de 4 anos de infantil. Que ben o pasaron!!
Como podedes ver, continúan pasando máis contacontos por aquí.
mércores, 10 de setembro de 2014
LECTURÍN DANOS A BENVIDA AO NOVO CURSO
do Ceip de Olveira!
Un ano máis quero darvos a benvida ao meu recuncho e animarvos a que me veñades visitar.
Como xa sabedes a biblioteca estará aberta nos recreos. Hai profes do Equipo de Biblioteca e Axudantes que colaboran en facer un uso responsable da biblioteca.
Polas tardes abren: os luns, mércores e xoves de 16:30 a 18:30; e martes de 16:30 a 17:30 para que veñades a ler, consultar fondos e préstamo exterior.
Podedes vir con calquera membro da familia, eles tamén poden facer uso da nosa biblioteca.
Esperámosvos!
Temos moitas novas que vos van a gustar!
Ah! non vos olvidedes de mirar de vez en cando no noso blogue, saen todas as actividades que facemos no cole, sobre todo as que saen da biblioteca: biblioceipdeolveira.blogspot.com.es
Seguiremos estando en contacto.
mércores, 25 de xuño de 2014
martes, 24 de xuño de 2014
SALVORIÑA
Os alumn@s de educación infantil fixeron unha adaptación do conto de Anxo Moure, A Xacia Luviñas.
RECOMENDACIÓN DE LECTURAS PARA O VERÁN
Non vos olvidar de adicar tempo a lectura no verán. Velaquí as recomendacións que nos propón Lecturín.
Powered by
Issuu
Publish for Free
venres, 13 de xuño de 2014
xoves, 5 de xuño de 2014
venres, 30 de maio de 2014
1º CICLO VISITAMOS CLUSTER E ESCURÍS BATALLA
Disfrutamos do mundo mariño, observando o proceso de cría de rodaballos, linguados e meros en Couso. E logo vimos como converten diferentes tipos de peixe en conserva na fábrica de Escurís Batalla na Pobra do Caramiñal.Pasámolo xenial.
venres, 16 de maio de 2014
LETRAS GALEGAS 2014
O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo).
Currículum: Ós 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico.
Obras realizadas
Escribiu os primeiros versos ós 12 anos e o seu primeiro poema publicouno ós 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista "Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula" de Madrid. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e en 1961 Nimbos, a súa obra máis importante. Publicou, ademais, traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos, multitude de poemas e os libros Sombra radiante e Mediodía.
Outros datos de interese
O seu poema "Penélope" foi traducido ó francés na antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e aparece a referencia crítica á súa obra na revista alemana "Humboldt". En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).
PODES ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN NAS SEGUINTES PÁXINAS
SEMINARIO GALÁN COORDINADORA ENDL
POLÍTICA LINGÜÍSTICA
xoves, 15 de maio de 2014
IOLANDA EIRAS
No marco do mes das Letras a escritora dodrense e directora do coro Barcarola de Pontecesures Iolanda Eiras presentou o seu libro musicado "Baldras, o xigante". Unha historia pedagóxica cun trasfondo solidario e de humanidade. Os alumn@s de infantil e de 1º ciclo disfrutaron moito.
xoves, 8 de maio de 2014
martes, 29 de abril de 2014
MES DO LIBRO
RECOMENDAMOS
LIBROS
Viñeron
algún peixiños para que lles recomendáramos algún libros que nos
gustan moito. Hai anotacións sobre eles, así sabemos que libro
podemos coller a próxima vez que vaiamos á biblioteca.
Compartir
é recibir!!
VISÍTANOS AGUSTÍN AGRA Despois de que o segundo e terceiro ciclo leran o seu libro “O tesouro da lagoa de Reid´Is”, Agustín Agra vennos visitar e contar algunas das súas anécdotas favoritas. Foi una visita
moi amena e divertida. Gracias!!
SESIÓN CONTACONTOS O 23 DE ABRIL OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º APADRIÑARON AOS NENOS E NENAS DE INFANTIL, 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA. Cada alumno contoulle un contiño a un grupo de nenos e nenas. QUE CONTENTOS ESTABAMOS TODOS. TEMOS QUE REPETIR!
venres, 11 de abril de 2014
mércores, 19 de marzo de 2014
mércores, 12 de marzo de 2014
mércores, 5 de marzo de 2014
luns, 17 de febreiro de 2014
luns, 10 de febreiro de 2014
XOGANDO COA XACIA LUVIÑAS
Preme neste enlace e poderás coñecer o mundo da xacia Luviñas
www.ceipdeolveira.org/actividades/infantil/xacialuviñas/index.html
www.ceipdeolveira.org/actividades/infantil/xacialuviñas/index.html
martes, 4 de febreiro de 2014
luns, 20 de xaneiro de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)