|
XIANA E SABELA |
LEO CALO E FRAN |
|
JADE E LUCÍA |
IZAN E LEO P. G. |
|
ENARA E SARA |
CARMEN E DIEGO |
|
AVA |
ALDARA E CRIS |
Educación Física
luns, 15 de xuño de 2026
PDI 6º: A ARTE CONTEMPORÁNEA EN ESPAÑA
venres, 12 de xuño de 2026
SAÍDA SAN ROQUE (EI4, EI6 e 1º EP)
O alumnado de EI4, EI5 e 1º de EP realizou unha visita ao parque de San Roque, onde puido coñecer de preto o bosque comestible que se está a desenvolver neste espazo. Durante o percorrido, contamos coa colaboración de Manolo que nos explicou as diferentes especies que medran alí, os seus usos e a importancia de coidar e respectar a natureza.
PARA VER AS FOTOS PREME AQUÍ
xoves, 11 de xuño de 2026
AVENTURA DAKART (4º, 5º E 6º)
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou nunha emocionante excursión a Aventura Dakart, en Sanxenxo. Ao longo da xornada gozaron de numerosas actividades de aventura, xogos ao aire libre e momentos de convivencia cos seus compañeiros e compañeiras.
venres, 5 de xuño de 2026
PDI: ARTE
Este ano, o noso Proxecto Documental Integrado (PDI) está dedicado á arte. Ao longo do curso, os distintos niveis investigaron, aprenderon e desenvolveron actividades relacionadas con este apaixonante tema. A continuación, podedes ver unha mostra dos traballos realizados polos diferentes cursos.
xoves, 4 de xuño de 2026
SAÍDA CASTROS DE NEIXÓN (3º, 4º e 5º EP)
O alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria realizou unha visita aos Castros de Neixón, un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes da nosa contorna.
Ao longo da xornada, os nenos e nenas descubriron como vivían os antigos habitantes destes poboados castrexos, coñecendo aspectos da súa vida cotiá, as súas vivendas, costumes e formas de organización.martes, 2 de xuño de 2026
SAÍDA CLÚSTER AGUIÑO E LONXA (EI5 e 2º EP)
O alumnado de EI5 e de 2º de Educación Primaria realizou unha interesante saída didáctica ao Clúster de Acuicultura de Aguiño e á Lonxa de Ribeira.
Durante a visita, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer de preto o importante labor que se desenvolve no sector do mar, descubrindo como se crían diferentes especies mariñas e como funciona o proceso de comercialización do peixe e do marisco.