venres, 31 de marzo de 2023

CONVERSA ONLINE CON CRISTINA PATO

Os nenos e nenas de 5º de Primaria tiveron un encontro online coa gran música e escritora galega Cristina Pato afincada en Nova York. Contounos en inglés, e en galego, moitas cousas sobra a súa traxectoria musical e literaria. Agradecer a súa disposición e simpatía.




mércores, 8 de marzo de 2023

2ª PREGUNTA BIBLIOCONCURSO


 

8 MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Este ano adicámoslle o Día da Muller Traballadora a varias músicas galegas. Cada aula recibirá o nome dunha destas artistas. 

Premendo na fotografía teredes información de cada unha.

xoves, 2 de marzo de 2023

CONCERTO SANTIAGO (2º, 3º e 4º)

Hoxe o alumnado de 2º, 3º e 4º foi ata o auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela para asistir o concerto "Mini Mozart", interpretado pola Real Filharmonía de Galicia. Despois do concerto tocou repor forzas. Estivo xenial!!!



 

mércores, 1 de marzo de 2023

1ª PREGUNTA BIBLIOCONCURSO

Hoxe, mércores 1 de marzo, comezamos coa 1ª pregunta. Logo, colgarase cada mércores tanto no blogue da biblioteca como no expositor que está no corredor do cole. Animádevos a participar, aprenderedes moito sobre a música!