venres, 30 de maio de 2014

1º CICLO VISITAMOS CLUSTER E ESCURÍS BATALLA

Disfrutamos do mundo mariño, observando o proceso de cría de rodaballos, linguados e meros en Couso. E logo vimos como converten diferentes tipos de peixe en conserva na fábrica de Escurís Batalla na Pobra do Caramiñal.Pasámolo xenial.

venres, 16 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo). Currículum:  Ós 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico. Obras realizadas Escribiu os primeiros versos ós 12 anos e o seu primeiro poema publicouno ós 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista "Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula" de Madrid. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e en 1961 Nimbos, a súa obra máis importante. Publicou, ademais, traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos, multitude de poemas e os libros Sombra radiante e Mediodía. Outros datos de interese O seu poema "Penélope" foi traducido ó francés na antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e aparece a referencia crítica á súa obra na revista alemana "Humboldt". En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).

 

PODES ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN NAS SEGUINTES PÁXINAS

   SEMINARIO GALÁN                            COORDINADORA ENDL       
    
                POLÍTICA LINGÜÍSTICA
   

xoves, 15 de maio de 2014

IOLANDA EIRAS

No marco do mes das Letras a escritora dodrense e directora do coro Barcarola de Pontecesures Iolanda Eiras presentou o seu libro musicado "Baldras, o xigante". Unha historia pedagóxica cun trasfondo solidario e de humanidade. Os alumn@s de infantil e de 1º ciclo disfrutaron moito.